Dos cansanzos absolutos

|

ivimos esquivando o absurdo e a decepción máis absoluta dun Madrid que quere actuar coma único goberno de España. Sonche tempos nada doados de vivir. E moito menos de explicar con coherencia. Existen excesivos Ayusos que antepoñen o que é unicamente deles, ao que nos afecta a todxs. Hai posturas que non teñen nin pes nin cabeza, e non poden ser escoitadas porque atentan contra o sentido común. O mais triste é que a consecuencia da ineptitude, non é perder un goberno, senón perder moitas vidas. Estamos fartos de modelos tipo Abascal, Ayuso  ou Aguirre (ese ínclito Conselleiro de Sanidade andaluz) que dan vergoña allea e que están fóra da realidade, incluso semellara que vivisen en mundos diferentes do común dos mortais. Estamos afacéndonos a persoas e situacións que non son en absoluto normais.  E vivimos acostumándonos a pensar que a anormalidade é o sinal definitorio destes tempos. Vai ser verdade aquilo de que toca sobrevivir, coma sexa, e a pesar de quen sexa. Ata os exitosos  slogans do PP, baleiros de contido e desenrolo, tipo España vai ben, foron substituídos por chafalladas intragables de Casado tipo o de que votamos ao Rei e non a deputados. Non son de recibo semellantes mensaxes, e sen embargo insisten. Bárbaras diatribas escoitamos en cada sesión de control nas  intervencións das dereitas e das ultradereitas. Unhas actuacións claramente neglixentes, totalmente imprudentes e perigosamente tóxicas. Non hai dereito, merecemos vidas que se poidan vivir, discursos baseados na verdade, e mensaxes que non chirríen coa razón nin coa xustiza. Pero como di o meu amigo Fernando Pontevedra, éche o que hai ata a que veña a peixeira. 
Vivirte é un relatorio preciso de sentidos –dixo El– como unha articulación floral de primaveras ou un presente conxugado compartido. Vivirte é unha cidade varada na emoción onde cada praza e cada espazo, garda o silencio sonoro dos teus pasos...

Dos cansanzos absolutos