Do excesivo

|

Chove sobre mollado. Os titulares de prensa, un día si e outro tamén, abren cos escándalos derivados das presuntas tramas corruptas que o partido popular, utilizando os resortes do poder, montou para beneficiar os seus intereses e saír indemnes dos papeis de Bárcenas e doutros episodios similares que lles salpican. Canto áais se coñece da implicación de diversos cargos do Ministerio de Interior de Jorge Fernández Díaz, e máis confesan os seus altos cargos –unha vez desprazados dos sillóns oficiais– máis incrible parece todo. Tanto polo nivel de chapuza dificilmente superable, como polo excesivo de todas as actuacións e das implicacións de responsables políticos do mais alto nivel. O peor de todo isto, é que a cidadanía acabe pensando que a corrupción e o abuso das maquinarias do estado para manipular probas e amedrentar persoas, forma parte da nosa esencia e da nosa maneira de facer política, e que todo vale para acadar os fins previstos. E non é así. Os excesos e o excesivo nin está, nin pode formar parte da acción política, e moito menos pode permitirse a utilización partidista dos recursos e da xestión inadecuada dos corpos e forzas de seguridade do estado. Hai que poñerlle data de caducidade a unha maneira de facer, que retrotrae a tempos e a estilos de mafias e ditaduras. Limpar a política e incrementar controis para garantir transparencia, é unha medida urxente. E mais cando están de por medio as institucións do estado. Despois, aquelo de que o PP de Casado/Aznar quere acabar co PP de Rajoy, xa son temas menores e de consumo interno.

Respirarte ten a efervescencia das mareas altas -dixo El- e a tenrura doce das tardes que devalan cara ao oeste. Respirarte sabe a abrazos e a nostalxias, a altas esperas no silencio asombrado das distancias. Habitarte  rehabilita a convicción da que nace o poema conmovido...

Do excesivo