COMO HAI 25 ANOS OU MÁIS

Orelatorio da Asociación Española de Carreteras lanzou un dato alarmante. Tras un detallado estudo chegou á conclusión de que as estradas do Reino están peor o igual que hai 25 anos porque nin se conservan nin se pintan ni se amañan. Sen dúbida unha grande chamada de atención para os sendeiros mesetarios, porque o que é por aquí, pola Galicia, estamos como desde a época da Legio Decima: vías romanas e sendeiros tribais, que traído aso século XXI vén sendo, grandes autovías, moitas de pagamento, e corredoiras con medio asfalto.

Porén, non deixa de ser curioso que o presidente da asociación asfáltica Miguel María Muñoz Molina, a saber director da DGT, organismo das multas, desde 1988 a 1996 coincidise con dous galegos durante o felipismo: co ministro de Transportes e agora alcalde Abel Caballero e co ex presidente galego Emilio Pérez Touriño, que pasou por todos os cargos de mando sobre a construción de estradas de todo o territorio español, menos de Galicia, onde non trazou nin unha solitaria rotonda nin as famosas autovías de conexión coa capital do Reino.

O máis grave do dito polo responsable do tránsito do felipismo é que propón que non se constrúa tanto tren de alta velocidade e se invista máis en conservación das estradas

 

Se nos botamos á Matemática e restamos a este ano de graza ou ao anterior, por non ser crueis, obtemos que poderiamos considerar que gozamos e transitamos polas mesmas estradas que estaban trazadas en acondicionadas en 1986 ou 1987. A conclusión é obvia: que durante o tempo en que estiveron Muñoz Molina, Touriño e Caballero non se acometeu ningunha mellora na rede asfáltica. Talvez pola estepa manchega se fixesen grandes obras, pero por aquí eu sigo utilizando a mesma estrada inzada de silvas e xestas que na época da Primo de Rivera.

O que parece máis grave do dito polo antigo responsable do tránsito do felipismo é que propón que non se constrúa tanto tren de alta velocidade e que se invista máis en conservación das estradas españolas, tanto polo Goberno federal, como polos autonómicos, provinciais e locais até chegar aso 5.000 millóns que considera necesarios. E aquí é onde descobre a verdadeira política viaria que se levou a cabo naquel período con Galicia.

Ilustra como exemplo que antes de gastar os euros na alta velocidade a Galicia se melloren as estradas, porque cada quilómetro de vía férrea ten un prezo de 40 millóns fronte a so catro da alta velocidade normal. O mesmo que dicía Touriño cando deambulaba por San Caetano e coñecía de sobra que non habería tren supersónico nin no 2012, que é o ano en curso.

Coincido cos expertos en que a alta velocidade polos camiños de ferro en Galicia debe ser encamiñada cara ao sur, cara a Lisboa, onde os galegos temos máis intereses económicos que na Gran Vía madrileña, sobre todo agora cando van desaparecendo de forma biolóxica as grandes vedetes dos cafés cantantes da capital do Reino. Pero tampouco quero que Galicia sexa utilizada de moeda de cambio porque aquí as obras custan máis diñeiro.

COMO HAI 25 ANOS OU MÁIS

Te puede interesar