APOIOS

Como cualquier ser humano, cometemos errores”, é o que lle puidemos escoitar a don Mariano Rajoy en reposta a un señor de Pontevedra, curiosamente amigo de seu, que nun foro d’El Mundo lle preguntou que quixera dicir cando lle mandou o SMS a Bárcenas dicíndolle: “Luis sé fuerte, hacemos lo que podemos”. 
E aí se quedou, mais quedamos como estabamos, pois nin sequera explicou en que consistiu a equivocación. Está moi ben iso de recoñecer os erros, mais de pouco vale se non se asumen. Porque entendo como desliz semellante o contido do seu tuit do pasado domingo: “En el deporte como en la política no vale todo. Nuestro apoyo”. 
Non imos entrar aquí en se Marc Márquez ten ou non razón no seu enfrontamento con Valentino Rossi. Mais o que non debemos esquecer é que este piloto catalán hai menos dun ano que decidiu mudar a súa residencia a Andorra para, máis que presunta e patrioticamente, non pagar os impostos en España. 
Un bo motivo para recibir apoios políticos.

APOIOS

Te puede interesar