CONTINUIDADE E CAMBIO

Aopción pola continuidade no Reino Unido gañou con claridade cunha diferenza superior aos dez puntos (máis do 55% fronte a menos do 45% da opción independentista). A alta participación (84,5%) determinou este resultado, na liña do 54-46% avanzado nas sondaxes feitas na xornada. Onde a participación foi máis baixa gañou o YES (53,5% fronte ao 46,5% en Glasgow, primeira cidade do país e de maioría traballadora, onde votou un 75% dos rexistrados ou 57,5% fronte ao 42,5% en Dundee, cun 79% de participación). Noutros distritos, como Edinburgh, a capital, a diferenza foi duns 23 pontos a prol do NO (61,5% fronte ao 38,5%). Salientábel é a relativa derrota do first minister nacionalista Salmond no seu condado de Aberdeenshire, onde o YES non chegou ao 40% dos votos.
    O NO gañou nas zonas rurais, entre a xente de máis idade, nos lugares onde existen porcentaxes superiores de residentes nados en Inglaterra (12% do censo naceu neste país) e nas contornas máis encadrábeis nas clases medias e superiores. O YES mellora os seus resultados nas contornas urbanas e traballadoras e semella ter sido maioritario entre residentes nados fóra do Reino Unido e votantes de menos de 35 anos, o que determina unha tendencia cara unha meirande nivelación de resultados no futuro.
   Canto á alta participación (84,5% dun censo onde é esixíbel o rexistro previo, que asinou o 97% dos potenciais electores) xogou a prol do voto negativo, malia que explica tamén os máis de 1.650.000 votos positivos emitidos. Remanecen, xa que logo, moitas dúbidas. Mais o que ninguén pode negar é que Escocia falou abondo claro e abondo en escocés.

CONTINUIDADE E CAMBIO

Te puede interesar