Variabilidades e permanencias

|

estamos afeitos a almorzar con mortes violentas, masacres inexplicables, e asasinatos de mulleres e nenos coma vinganza e represalia intolerable de non se sabe que débedas. Vivimos os manexos insolentes de estruturas de poder que utilizan todo o ilegal e inadmisible coma recursos de control e obediencia. Choramos moitas veces inxusticias e abusos aos que non atopamos sentido. Desexamos tantas veces xustiza que ás veces, cando algo sucede, ficamos incrédulos.
Todo pode pasar de branco a negro en pouco tempo. E todo o inamovible, intocable e eterno podería mudar, caer ou ser hoxe paraíso en lugar de inferno. Rato, o topoderoso, que dirixíu o mundo dende o Fondo Monetario Internacional, entraba no cárcere e pedía desculpas a quen nos houbera ofendido, segundo o rezo clásico. Pero dos cartos non hai noticia nin se agarda. Mario Conde sae e ferido de inocencia, disque. As tramas seguen os seus procesoso abertos. Cospedal, inquisidora en tantos temas, resulta que negociaba con Villarejo colaboracións e escuras misións aínda ignotas.
Segue o Brexit. Dende a altura presidencial dun Obama exemplo de saber estar, asistimos á chegada dun presidente Trump nada exemplar. Un nin vou alá nin fago falla, do sabio recetario galego, pero que toma decisións que afectan moito a moitos. Quizás por estar no entorno do Día de Defuntos, onde os nosos están –sempre están–, pero máis aínda na emoción, na evocación sentida a chorro,a flor de pel, hai máis ferida... Todo pasa e nada queda, pero o noso é pasar... que dicía acertadamente o poeta.
A saudade ocupa os meus sentidos –díxolle El– invadíndome despacio, como ese respirar o teu perfume nos espazos sen ti. Ou coma un fado que chega dende lonxe, ou unha mensaxe cálida que fai sair o sol nunha tarde de inverno...

Variabilidades e permanencias