De cambios e postureos

|

Din que a dereita cambiou de estratexia. Que moderou o discurso. Cando te collen co carrito dos xeados, non queda outra que reinventarse e pasar da negación absoluta, a posicións de parecer que se fai acordo pero sen facer acordo algún. Este sería o titular da nova imaxe dos Populares, polo menos mentres dure a campaña electoral en Euskadi e Galicia. Volvemos a confirmar, coas manipulacións de Aznar, e as súas manobras orquestrais na escuridade manexando os fíos de Xenova 13, que os resentidos non son tan só un grupo musical. Quedou claramente demostrado que nin estiveron, nin aportaron, nin importaron. Xogaron a outra cousa, e a sociedade española deixou de agardar por eles. Foi a perfecta aplicación daquilo de querer pescar a río revolto, práctica que ven dende épocas remotas, pero que tamén fracasou notablemente nesta oportunidade. É de primeiro de estratexia que non poden mandar varios ao mesmo tempo. E iso tamén foi unha parte importante dese fracaso anunciado: Abascal e Casado pelexando por non ser os segundos na difusión interesada das maiores -e falsas- alarmas e bulos. O resultado foi que o Goberno que pretendían derrocar non só resiste, senón que evidencia máis músculo e sintonía que antes de excesiva campaña de presión e desinformación. Cogobernar non é doado; precisa dun moito de sentidiño e dunha certa capacidade de dixestión rápida. Non é preciso pensar milimétricamente igual, o que é necesario e aplicar a capacidade de acordar, perdendo todxs un pouco, para poder avanzar todxs mellor. Houbo pacto na Comisión de Reconstrucción do Congreso, pero o PP non está no acordo. Tampouco se lle esperaba.

Soñarte é un instante de harmonía -dixo El- como a chegada por sorpresa do verán despois das longas choivas. Soñarte é facer verdade a maxia de sentirte...Acaso unha fiestra aberta, asomada a infinita tenrura da nostalxia...

De cambios e postureos