A perda de talante de Rajoy

O talante é algo innato que se ten ou non se ten. Algúns, ante a falla natural dese don, ensaian ante o espello ata que pareza tal cousa sin selo realmente. E claro, a pouco que escarbes na superficie, acaba por saír a fera que levamos dentro.

Rajoy non ten talante. Disimula cos seus silenzos, chascarrillos e consignas aprendidas e prefabricadas. Pero nunca o tivo. Cando lle interesaba agradar a súa ala radical, dixo en sede parlamentaria auténticas barbaridades como o de traizoar aos mortos…, ou os contínuos insultos e desprezos a Zapatero, dentro e fóra de España, que os seus hooligans aplaudían con fervor. Por iso cando Rajoy volve polos seus foros acusando ao anterior goberno de todos os males do mundo, non nos causa extrañeza. Cando insulta á intelixencia dos cidadáns facéndose o sueco e escurrindo o bulto, sin dar conta das súas responsabilidades como Presidente, non nos colle de sorpresa.

Rajoy sempre quixo pasar á Historia como impoluto, limpo de pó e palla, pero os “hilillos” do Prestige manchárono para sempre. Quixo pasar como moderado pero a ala radical non llo permitíu. Quere pasar por ecuánime e xusto, pero todos os seus rivais no PP están arrinconados ou encausados. Quere arranxar a crise pero só afoga aos cidadáns con impostos e recortes. Promete cousas e fai as contrarias. E non quere abucheos nin asubios. Iso é o que non soporta. Ser o malo da película. Pero vaille no cargo e na crise. Xa colleu a espada. Pronto colocará o parche no ollo e axustará a pata de pau. Escomenza a abordaxe.

A perda de talante de Rajoy

Te puede interesar