“Asistimos a unha descarada demolición do Estado público”

Hai tempo, nun “retrato” feito nestas mesmas páxinas escribín que Mario López Rico, arquitecto, profesor y político, se definía como “comellón, pachorrento e rosmón. Agora teño que engadir que, sobor de todo, é boa xente, cunha gran capacidade de traballo e un grande amor por Galicia aprendido de su aboa o son do himno da Patria.

 

Como foi a “fixache”, ou traspaso, do BNG ao partido de Beiras, Alternativa Galega de Esquerda?

Penso que o importante é ser congruente coas ideas que un ten e atopar un lugar onde traballar por elas. Cando os de Anova decidimos deixar o BNG foi porque estabamos convencidos de que alí non pintabamos nada e que era precisa unha nova organización moito máis próxima dos cidadáns, máis aberta e participativa. Parécenos que isto é vital nunha situación de desafección como a que se dá na nosa sociedade a respecto da política e dos políticos. En calquera caso Beiras sempre foi un referente claro en todo este proceso.

 

Atopou xa algún dos chamados “brotes verdes” que vai contarnos o señor Rajoy co galo do “Estado da nación”?

Creo que abonda con saír á rúa e ollar ao redor. Estamos asistindo a unha descarada demolición do estado público do benestar, de hábitos de cooperación e convivencia solidaria, por un modelo de sálvese quen poida. Estamos asistindo a unha groseira traxedia na que se representa un espectáculo macabro de desposesión da xente do común que vive do seu traballo e un trasvase da riqueza compartida de todos a uns poucos, á banca fundamentalmente, pero tamén a unha caste de especuladores que levan o país á bancarrota mentres eles se forran e montan negocios privados cos restos da administración e dos servizos públicos. Estamos asistindo a unha desposesión colectiva de magnitudes alucinantes e nunca vistas.

 

E xa postos, cal é o estado dos galegos, de Galicia, señor López Rico?

Creo que Galiza ilustra perfectamente a descrición anterior. Que pasou coas caixas de aforro, co Banco Pastor, con Fenosa, e un longo etc.? Na nosa cidade podemos ver os trazos máis visíbeis do que estamos a falar.

 

Miren, Xosé Manuel Beiras ten definido a Xunta de Galiza como “a brigada de demolición” de San Caetano. Como se pode entender un goberno que aplica ao seu pobo, ao seu país, medidas que o levan cada vez máis ao precipicio?

 

E isto, cómo se amaña?

Faga un esforzo, home... como está a folla de rota de AGE?

Si eu o soubese sería alguén moi importante, non? O que si penso e neso coinciden moitos pensadores e activistas da esquerda é que o sistema está en crise, que estamos no preludio de algo novo que aínda non albiscamos. Mestras non chega a solución “total” o que debemos facer son políticas que non impliquen unha volta ao pasado, que non supoñan camiñar contra o sentido da historia e non facer sufrir aos cidadáns para salvar a economía duns poucos. Hai pensadores e economistas, mesmo dende dentro do sistema, o que se deu en chamar a “socialdemocracia global”, que están a propoñer medidas de reactivación da economía, da devolución das rendas do traballo esquilmadas, de librarse das directrices do FMI que están sendo cada día máis perniciosas e que cada vez é máis claro que o único que fan e profundar a crise. Pois para comezar fágase iso.

 

Falemos de vostede

“Fago moitas cousas, as miñas labores domésticas, penso e leo algo máis que antes cando daba clases de debuxo na Sardiñeira, estou mellorando o meu cativo inglés asistindo á Escola de Idiomas... Aparte diso o que me leva máis tempo é o traballo político de reforzar e lanzar o proxecto de Anova. Temos moito traballo pero tamén moita ilusión porque vemos que moita xente está vendo en nós esa forza política distinta que pode enfrontar os retos que temos como cidadáns galegos... que non son poucos!”

“Tamén hai que botar unha man no que se poida aos nosos deputados por AGE no Parlamento no que están a desenvolver un traballo magnífico. Traballo hai dabondo, para dar e tomar”.

 

un apunte final

Coñecémonos de hai tempo, cando Mario tiña responsabilidades na Imaxe, Comunicación e Propaganda do BNG e logono concello, e agora en Alternativa e os venres atopámonos con concertos de Orquestra Sinfónica...Este home, nado en Ribadeo, ven dunha familia acomodada, republicana e galeguista ainda, conta, diso non se falaba en casa...

Do seu paso pola universidade de Navarra (Opus Dei) onde rematou a carreira de Arquitectura, quedoulle un “rebote” que ainda dura e o seu paso por Euskadi, un agarimo especial por aquela terra.

Chegou ao PSG no 1976 e participou activamente na fundación do BNG no año 1982... e agora, como conta, tras un divorcio sen problemas, na Alternativa Galega de Esquerdas. n

 

“Asistimos a unha descarada demolición do Estado público”

Te puede interesar