PATRIOTISMO

|

Outra volta falan de patriotismo. De novo me piden un sacrificio patriótico para aceptar a reforma laboral. A meu pai pedíronlle patriotismo para lle expropiar unha viña en Compostilla que nunca usaron. Aos bisavós pedironlle a vida pola patria para a guerra de África. E que dicir da guerra civil do 36, a máis patriótica. Un 30% da riqueza do país destruido. Un desastre vital e moral. Pero era xusto e necesario. Nunca se demostrou tal necesidade. Nunca apareceu a fórmula inequívoca que demostrase a necesidade e a xustiza de tanto sacrificio.

E agora coa reforma laboral tampoco aparece a fórmula. Alomenos non a vexo publicada en ningún medio. Unha fórmula que me diga que a reforma laboral é método imprescindible para saír da crise. Mentres a señora Cospedal lanza a proclama –foi a quen escoitei o de pedir patriotismo– ela acumula varios soldos que darían para pagar vinte pensións. E tamén escoito a cantidade de cartos españois que andan agochados en paraísos fiscais. Un inspector de Facenda calculaba pola radio máis de 100.000 millóns de euros escamoeteados ao fisco.

Este señor tamén falaba de patriotismo, pero ao revés da señora Cospedal: O patriotismo debe comezar polos ricos e polos propios políticos. Recuperar unha parte dos cen mil millóns é unha fórmula aritmética e exacta para pagar débedas e compensar déficit. O da reforma laboral nin se sabe. Un conto chinés. É o espellismo de moda que arelan os empresarios que temos: mano de obra tirada e sen dereitos laborais. A señora Cospedal predica patriotismo con truco e cinismo.

PATRIOTISMO