A explicación

|

A contundencia dos datos electorais en Galicia sorprenderon a propios e a estranos. Un amigo de Albacete chamoume, demandando unha argumentación que fora capaz de explicar o inexplicable. Lembrei aquela cita clásica do “aquí pasou o que pasou”. Pero seguro que non me entendería. Así que demos en falar doutras cousas, da saúde, dos proxectos e das lembranzas compartidas, que sempre foron e serán os premios de consolación das diversas loterías da vida. Pero foi todo un exceso. Tanto que non se pode pasar de puntillas sobre tamaña derrota sen conxugar alguna hipótese pausible. Cando menos, a actuación do Socialismo foi errático, tanto como a traxectoria do Prestige antes de afundirse. E claro que houbo erros, e decisións inoportunas, ninguneo a estructuras territoriais e falla de respeto ás maiorias… Pero non é só o das interioridades do partido. É máis fondo. Ten que ver coa fibra da sociedade e coa falla dunha aposta clara e rotunda na defensa, vinculante, dunha alternativa que poña as persoas por diante de mercados, débedas e déficits. Ten que ver coa articulación dun novo discurso do de todos, do público, máis alá da retórica desgastada de tantos anos. Ten que ver coas apostas de verdade por eliminar deputacións, subdelegacións do goberno e outras institucións, que quedaron obsoletas coa desaparición daquel inimigo interior do franquismo. Foron as loitas pola dignidade e pola coherencia as que non chegaron á sociedade, as que soaron lonxanas e frías… Teñen razón: Ainda así non se explica. Recompoñamos primeiro a armazón e o discurso. Redefinamos como obxectivo ás persoas. Deixemos os liderazgos. Virán por añadidura.

 

A explicación