A ESPAÑA INVIÁBEL

Oproblema para Galicia non é só que os seus alicerces económicos estratéxicos sexan para o Estado prescindíbeis, como vimos nestas semanas coas crises dos sectores naval e leiteiro. Ou que Galicia non poida gobernar os seus portos, doutro xeito seguro referente da grande autoestrada do mar que vai dende Londres, Antuerpe ou Rotterdam á nova Canle de Panamá. Ou que non teña  voz propria en Bruxelas para defender os nosos intereses.
O problema, ademáis, é que Galicia conta moi pouco (5,5% do PIB e 6% da poboación) nun Estado español artellado de xeito absurdamente radial e centralizado. Un Estado que gastou dos Fondos de Cohesión europeos 6000 M€ (un billón das vellas pesetas) no novo aeroporto de Madrid, coa idea-para ben xa fracasada-de que case todos os aeroportos españois tiveran que enganchar con Madrid para as conexións internacionais. Un Estado que priorizou sobre os necesarios eixos ferroviarios cantábrico (Euskadi-Galicia), mediterráneo (La Junquera-Almería) e atlántico (A Coruña-Sétubal) un AVE concibido radialmente, con  centro en Madrid e nula interconexión entre os distintos territorios, ademáis de cómo tren só de pasaxeiros, inhábil para a intermodalidade dos portos e das mercadorías. Un AVE que absorbe todo o investimento do Estado na Galicia fronte a outras necesidades, como a conexión ferroviaria dos portos exteriores d’A Coruña e Ferrol.
O Estado potencia “ad infinitum” o efecto-sede de Madrid. A tarifa eléctrica deséñase á medida do grande consumo doméstico dun Madrid que non produce enerxía.Todas as grandes empresas dos sectores regulados e servizos administrativos estatais instálanse aló. E, até cando nace un proxecto novo e ilusionante, como o de Podemos enténdese que se pode concibir radialmente dende a Universidade Complutense sen lle preguntar moito á cidadanía que alñi chaman “periférica”.
A arrincadeira
Na economía española manda o capitalismo castizo do BOE, co seu IBEX 35, no que sobrancean as empresas bancarias ou de sectores regulados, agás o caso de Inditex, que  confronta con este modelo económico  pola súa competitividade internacional  e pola súa relativa falla de dependencia a respecto das decisións políticas de Madrid. Un Inditex  fulcral para entendermos económicamente A Coruña.

A ESPAÑA INVIÁBEL

Te puede interesar