De déficits e debates

O primeiro gran éxito dun debate é que se produza. Galicia levaba case dúas décadas sen eles e a falla da confrontación de ideas acabou sendo subsistuída por puro marqueting electoral. Quen máis medios manexe, mellor colocará as mensaxes. Pero isto ten moi pouco que ver coa realidade que a cidadanía vive cada día, no seu fogar, no seu traballo ou na falta del, que nestes tempos é un ben escaso.

Para iso servíu o debate entre Vázquez e Feijoo. Para comprobar que o discurso oficial aprendido provoca distancia da realidade e soberbia. E que o aspirante socialista meteu máis o dedo na chaga da realidade das familias, dos servizos públicos e incidíu nas contradiccións evidentes de Feijoo no poder, que nin di o que realmente fixo, nin fixo o que di por ahí. O eixo da campaña popular está centrado en que Galicia é a Comunidade sen déficit. Pero chega a auditoría do Consello de Contas presidido por Orza, Conselleiro con Fraga moitos anos, e di que houbo trampa, que pechaban exercicios en setembro e pasaban gastos para o ano seguinte: 411 millóns de euros do 2010 pasaron ao 2011. ¡Maquillaron as contas para sair ben na foto dos xestores perfectos con sorriso Profiden!

Lembran aquello do cazador cazado? Pois por ahí van os tiros. O PP vendeu sempre que eran mellores xestores e resulta que todas as Comunidades gobernadas polo PP sairon malparadas.Venderon a pel do oso antes de cazalo. Mentiron e foron descubertos. O prezo é a perda de apoio electoral. Fin de ciclo?

 

De déficits e debates

Te puede interesar