De acordos e acertos

|

As boas noticias sempre o son. Por moito que algúns, dende outros posicionamentos ideolóxicos lle neguen o pan e o sal, os acordos positivos son un exemplo de sensibilización e de que todo é posible, se hai vontade de acordar. Pero ademais xeran esperanza e valen o seu peso en ouro. Custou tempo e traballo, pero ben está o que ben remata. Iglesias e Sánchez asinaron unha serie de acordos que recuperan, para os Presupostos Xerais do Estado, a etiqueta e o cualificativo de sociais. Foi unha sorte de búsqueda continuada da arca perdida, que finalmente pecha con sete candados a etapa de austeridade extrema que levaba incrustado no ADN das contas do Estado, demasiado tempo. Contemplando con calma estes puntos de consenso, descubrimos que poñen en marcha moitos dos puntos básicos anunciados no compromiso político co que Sánchez , dende os infernos, resucitou na Política e no PSOE. E tamén moitos daqueles cos que Iglesias levantou as súas bandeiras. Así que o incremento do salario mínimo, a modificación da Lei Mordaza, a recuperación do subsidio de desemprego a maiores de 52 anos, incremento das pensións mínimas, financiar a Dependencia e a recuperación da cotización dos coidadores... implican poñer o foco  sobre necesidades concretas dunha parte sa sociedade. Escoitar á cidadanía sempre foi un punto básico da identidade da esquerda. E probablemente o ascenso dos populismos, teña algo que ver coa perda desta capacidade de xerar esperanza e optimismo.

Correxir é de sabios. Acordos coma este, houberan evitado o innecesario último goberno de Rajoy.

Pensarte é coma un vento que abraza e acubilla –díxolle El quedamente– unha illa poboada de afectos e sentidos... unha persistente airexa morna e húmida, que sabe de nós mesmos...

De acordos e acertos