CAPTARMOS O INVESTIMENTO EXTERIOR

Galicia supón moi pouco para o conxunto do Estado, tanto en termos de PIB como en poboación. Quere dicir isto que a nosa forza é a diferenza, a identidade, unha Marca propria. Mellor sermos país de noso ca provincia.
Xa que logo, precisamos un proxecto económico proprio. Oportunidades económicas tan  nidias  como a potenciación dos nosos portos no eixo Panamá-Antuerpe-Rotterdam  ou o noso sector enerxético, que foi número un  no eólico e que no futuro, se houber ideas claras no Goberno galego, podería facer moito independizado mentalmente da famsoa teoría do cerebro madrileño que todo o sabe e todo o pensa.
Para alén, temos unha demografía catastrófica e semella que calquera Goberno que mereza o nome de autónomo ou galego vai tentar revertila. Mais iso non abonda no curto prazo. Compre, xa, xerar emprego de calidade. E isto esixe unha aposta moi potente pola empresa galega. Galicia habería ser o país da Europa no que máis doado fose crear unha empresa, dixemos aquí hai pouco. Maticemos. Sempre no marco da legalidade laboral, fiscal e ambiental. E aí a función dos concellos será fundamental, pondo medios e recursos para o emprendemento local.
Mais nesa batalla do curto prazo, semella imprescindíbel a  captación do investimento exterior. Galicia arestora é anecdótica nesta captación, agás operacións puntuais. Mais temos diante nosa grandes ferramentas ao noso favor, como nos relata o  economista galego Vicente Martín Egaña. “Escolas de enxeñería industrial, civil, naval e de teleco punteiras, xente nova ben formada, con coñecemento de idiomas e que hai que traer canto antes da emigración , unhas infraestruturas viarias razonábeis”.  A estas avantaxes cumpriría engadirlles a oferta razoábel de solo industrial e as canles variadas (lusofonía, ibeoramericana, europea) de potenciar a Marca-Galicia. Pero para todo isto compre que o noso Goberno e a nosa sociedade acreditemos- en nós propios. E que non nos deixemos ir polo que outros fagan ou-máis be-deixen de facer.

morereu juan ramón díaz
Ven de morrer Juan Ramón Díaz, vicepresidente desta Casa e xa parte da historia do xornalismo galego. Fica na lembranza a súa capacidade de construir proxectos e de facer equipas. Tamén a súa grande habilidade para radiografar problemas e diagnosticar solucións. Morreu, sen dúbida, un dos grandes.

CAPTARMOS O INVESTIMENTO EXTERIOR

Te puede interesar