O RETORNO DE A+A= SOLUCIÓN?

Perplexo quedei ao coñecer a “ameaza” do retorno de Aznar, anunciada con toda clase de pompa e circunstancia. E xunto con iso, lembrei o do regreso de Aguirre e entón sí que a ecuación, quedaba completa e incluso resultaba preocupante. Pero o regreso da doble A é a solución?
Rajoy, o calificado de tibio por Aznar, debe sentir a respiración airada do seu exvaledor no cogote. E o sorriso agudo e crispado de Aguirre, ensinándolle os dentes, como  cando acecha  a súa presa. E iso debe provocar pánico  e floxedade nas pernas (e demáis órganos) dun Rajoy, que entre imputados e resentidos, sente como as zonas escuras da forza ameazan con tirar das varias mantas, xudiciais, nas que está atrapado o Partido Popular.
Con que autoridade moral pedirá Aznar austeridade e sacrificios aos cidadáns? Seguimos a ver, cada día, o documento do derroche da voda da súa filla no Escorial e imos contando os que non están imputados pola xustiza (é máis doado e rápido) por delitos varios e todos teñen que ver con levarse moitísimos cartos. Pode o causante de gran parte dos problemas do país, coas súas políticas especulativas e burbullas, acusar a outros de incompetentes?
Na entrevista deixou un halo de resentimento. De querer axustar contas cunha historia que non o deixa en bo lugar, porque agora sabemos que o que se autocalificou como o “ milagre económico”, resultou ser un prestidixitador financiero ao que se lle viron os trucos. Por iso, a suma de Aznar e Aguirre nunca será solución, senon doble ración do mesmo.

O RETORNO DE A+A= SOLUCIÓN?

Te puede interesar