Grupo impropio

Co regulamamento do Congreso o conglomerado hispano-galaico de En Marea terá grupo propio, pero o caso é que a formación internacional foi coaligada a un partido español, que ten dereito á súa sección parlamentaria. 
Así que iso de haber un partido con dúas seccións na Cámara baixa non pinta ben para os mareantes, a non ser que acaben como aquela facción que intentou facer o Partido Popular en época de Manuel Fraga e que quedou en nada. 
Tantos anos de loita do nacionalismo galego vanse ver esluídos nun proyecto que está máis preocupado do que pase no condado catalán do que en Galicia, a non ser que os da Marea miren polo interese do sector do taxi barcelonés, de gran implantación entre os galaicos emigrados. 
A fin de contas, o que fixo a Marea foi sumarse a un partido español como Podemos, que é o mesmo que se se integrase no PSOE, porque ese sucursalismo, tantas veces citado negativamente polo profesor Beiras, é o recoñecemento de que en soedade non se pode.

Grupo impropio

Te puede interesar