Dos necesarios presupostos

tempo de presupostos. Despois de varios cursos limitados por aquelas contas restritivas do ínclito Montoro, hai unha nova oportunidade de facer unhas contas que sirvan para resolver os problemas da realidade desta época Covid. Por certo, Montoro ese personaxe de sombras, que tivo a ousadía de dicir en público o que os dirixentes populares pensan en privado.  
O contexto era aquela crise brutal da época de Zapatero, e  a resposta foi para posicionarse en contra de axudar a salvar a economía española. A frase, foi aquela famosa de deixemos que caía España, xa a levantaremos nos.  Se foramos Churchill diríamos que esa decisión costou sangue, suor e bágoas. Como non o somos, direi simplemente que nunca atopas un patriota cando o necesitas. Ás veces penso que os patriotas son coma os fontaneiros, nunca hai ningún dispoñible cando as urxencias aparecen. Estamos noutro momento e con outras emerxencias, pero a filosofía que alimenta os posicionamentos políticos dalgúns dirixentes, seguen nas mesmas encrucilladas e no mesmo reducionismo mental que evita estar a altura das circunstancias que sufrimos. Casado di que non poden facerlle imposicións para aprobar as contas do Estado. Pero el quere imporlle ao executivo que bote do goberno a UP para empezar a falar. É dicir, as imposicións cos populares sempre son unidireccionais e nunca sabes a onde conducen. Perde outra oportunidade de facerse importante. ERC di que si xogan os de Cidadáns, eles non xogan. Os diversos partidos din que non contan con eles. Piden máis  axudas e proteccións sociais, pero esquecen que hai que aprobalas nos presupostos. Todos queren ser necesarios, pero ninguén aposta por facerse imprescindible.
Arrinco silencios pensándote –díxolle El– en cada viaxe que sabe de memorias ou de madeiras feridas de mareas. Sei que nunca fomos inocentes, acaso outono ou vento ou fenda, pero sempre coa intensidade dos longos amenceres contigo... 

Dos necesarios presupostos

Te puede interesar