Dos desnortados

ai actuacións que evidencian a desorientación de quen as practica. Semellan comportarse coma recen chegados que non controlan nin o espazo nin o discurso. Casado demostrou amplamente que está desnortado, e cun discurso agresivo, sen propostas e con máis buratos que unha esponxa. Está perdido entre a ansia de chegar, e a decepción de descubrir que o seu obxectivo, está cada día máis lonxe. E agora o seu xogo quedou ao descuberto. Se nas situacións tan difíciles que atravesa o pais, Casado e os populares, non están axudando a resolver os problemas, para que se necesitan? Eles mesmos se están reivindicando como absolutamente prescindibles. Para máis inri, o modelo Ayuso deixa en evidencia o dobre xogo dos populares nesta pandemia. A absoluta irresponsabilidade de Díaz Ayuso, pedindo que Madrid pase á fase 1 cos informes sanitarios en contra, a dimisión da responsable de Saúde Pública, e recoñecendo que o solicita por razóns económicas é, ademais de vergoñento, temerario xa que pon en perigo a toda a sociedade madrileña. Debera ser obxecto non de cese, senón de dimisión fulminante. É un despropósito absoluto e o mellor exemplo de ineficacia. A política é imprescindible para xestionar a convivencia, pero precisamos a persoas que estean á altura das urxencias e que pensen na salvación común, en lugar de apostar por salvar o deles. Casado tivo unha semana horribilis, retratado no Congreso, superado en responsabilidade por Inés Arrimadas, e retratado por Ayuso co da economía antes que a saúde. Recuperar o norte é non só urxente, é a única posibilidade que teñen de alcanzar terra firme. 
As paixóns, coma os invernos, debuxan sombras propias –dixo El– e o tempo fai alleos os abrazos, e alonga ata fíos o incendio dos teus beizos. Ás veces habitamos nas fronteiras so ser ou non ser ou circunstancias..

Dos desnortados

Te puede interesar