Das contramedidas

Nesta semana que recen rematamos, unha nova destacou por riba doutras. Foi a da superación das Enmendas á totalidade dos Presupostos Xerais do Estado, cunha maioría de apoios moi elevada para os tempos políticos que corren. E isto que foi motivo de orgullo e satisfacción para o Goberno, grupos que apoian ao Goberno, e o grupo socialista da Cámara, semella que non foi boa noticia para os que se autodenominan baróns socialistas.

Por primeira vez en varios anos se están superando as primeiras fases  para ter uns presupostos novos e adecuados ás circunstancias que estamos a vivir e non prorrogando, unha vez mais, os presupostos do popular Montoro. A noticia nos medios non foi o éxito de negociación e a capacidade de acordar que tivo o goberno de coalición.

A noticia foron as cargas de profundidade lanzadas polos Page, Lambán e Susana Díaz falando contra as decisións do Goberno de Sánchez, e resucitando un terrorismo etarra e de mundos abertzales que xa non existe. Que foi precisamente vencido polas acertadas políticas socialistas de Zapatero e Rubalcaba. Isto non é ningunha novidade. Xa saben que existen os amigos, os inimigos e os compañeiros de partido. E volven a falar en público do que deberían dicir nos órganos internos do partido.

Sempre os mesmos están listos e dispostos a facerlle o argumentario ao Partido Popular. Acaso sexa porque teñen unhas comunidades tan prósperas que ata atan os cans con longanizas? Acaso porque teñen todo niquelado e alicatado ata o teito nos seus territorios? Sempre cunha actitude como de que se lles debera algo.

Parece como que o éxito político de Sánchez truncara algunha previsión, agochada, de algúnxs outrxs compañeirxs.

Estás ata nas cousas mais sinxelas -dixo El- no esforzo de amencer, no pan de cada día e no deseños dos mares e dos ceos. Sempre no importante e no minúsculo, sempre estás...

Das contramedidas

Te puede interesar