Do absoluto e do diverso

|

Da pandemias ata as nevadas, e destas ás recentes choivas incesantes, vivimos unhas circunstancias que flutúan entre os amenceres esperanzados dos EE.UU que sementan ilusión no mundo, e as novamente vergoñentas declaracións, recorrentes por outra parte, de Jesús Aguirre o Conselleiro de Sanidade andaluz, cando fala do desperdicio dun culín das vacinas. Ou do portavoz do PP vasco Carlos Iturgáiz, que xa marchou fai anos naufragando e regresa  da man de Casado arrastrando os mesmos naufraxios. Esta vez liándose nos horarios de confinamento e outras magnitudes non compatibles. Seguimos xogando nos campos embarrados  da oposición interesada fronte aos plantexamentos do goberno. Hai tamén unha utilización e exhibición invasiva de gráficos, imaxes de vacinacións, porcentaxes e consignas repetidas que acaban por provocar intoxicación intelectual, dores de cabeza e causando desconexión e fastío. Semellara que houbera interese en confundir e cabrear. Moitas das novas parten das comunidades autónomas, aplicando amplas doses de vitimismo e dramatizando, ante a opinión pública, do moito que fan, o moito que queren, e do pouco que lles dan e o menos que lles deixan.  Poucos esforzos en acordar e moito interese en desgastar ao Goberno de Sánchez. Empezamos un 2021 que circula a unha velocidade excesiva. Xa pasou incluso o Dakar e case nin nos demos conta. Marcharon da man o 2020 e Trump e iso foi o mellor triunfo. Agora toca tranquilizar o xogo, acelerar as vacinacións e recompoñer o puzzle de todo que os radicalismos e as diversas pandemias estragaron. Madrid segue sumido nunha xestión caótica. Feijóo di unha cousa na casa e a contraria nos telexornais nacionais. Que chove con xenerosidade é quizás o único que sucede para todxs.

Pertencerte ten a solemnidade dunha terra sagrada -dixo El- a luz inmaculada que improvisa silencios protectores. Acaso é unha bóveda que salva das voces poderosas das feridas.

Do absoluto e do diverso