SANIDADE DE BENEFICIENCIA

Oministro de Economía expuxo estes días a progresividade nas prestacións sanitarias e no ensino cun recorte de 10.000 millóns de euros. Que lexitimidade pode ter un Goberno onde estas medidas non aparecían no programa que votaron os electores. ¿Non dicían que Sanidade e Ensino non se ían a tocar? Chegaron ao poder prometendo que non farían o que están a facer e están cometendo un fraude á “democracia” desde país.

¡Hala veña!, que só lles quedan 40.000 millóns para chegar aos 50 que lles fai falla á banca. Xa me saen os recortes sociais polas orellas, ¡carallo!, non aplican ningunha mellora á xestión e facilitarnos a vida aos cidadáns. Ao contrario, tódalas medidas son para uso e disfrute da oligarquía que estase a beneficiar deste Goberno que nos caeu en sorte, sen importarlles se coas súas decisións están a esnaquizar a vida de millóns de españois. Os recortes vanse acumulando paseniño, veremos que pensa dentro duns meses a cidadanía cando vexan a realidade destes recortes.

Xa temos que ir falando clariño: a Sanidade foise acadando con suor, esforzo e diñeiro de todos ao longo de moitos anos polos nosos antepasados quedando moitos no camiño asasinados por defender este servizo público; están a xogar coa saúde da xente, desprezo á terceira idade e as persoas dependentes. Son uns neoliberais toleados ¿Que podemos agardar desta xente tecnócrata sen sentimentos? O importante é que a cidadanía trague. Imos camiño da sanidade de benificiencia en favor das empresas privadas.

SANIDADE DE BENEFICIENCIA

Te puede interesar