Da brillante exemplaridade

Aimportancia da exemplaridade é evidente. De dar trigo en lugar de estar permanentemente predicando, tratan os mellores exemplos de humanidade, solidariedade e fraternidade universais. O que acaba de facer o Goberno de Pedro Sánchez co barco Aquarius e os centos de seres humanos que acollía, é un exemplo de bo facer con maiúsculas. 
É a posta en escena dun ideario e dun pensamento político que non admite medias tintas. É  evidente que  non arranxa o problema de fondo, pero transmite a esperanza de que as Políticas e @s Políticos non son tod@s iguais. 
Empezar unha acción de goberno poñendo enriba da mesa as liñas mestras do que é prioritario e esencial, é non só conveniente senón necesario para evidenciar as notables diferenzas. A recuperación da Sanidade Universal. 
A defensa e o reforzamento dos sistemas públicos como  Educación, Sanidade e Pensións, xunto co Diálogo interterritorial coas Comunidades Autónomas e a derogación de leis, como a lei mordaza e a reforma laboral que afectan aos dereitos e a liberdade  das persoas, deben ser puntos que figuren no encabezamento de todas as propostas deste goberno Socialista. 
As comparacións resultan sempre odiosas, pero a xestión do cese no Ministro de Cultura, non admite nin de lonxe, unha mínima semellanza co sistema de podremia por inacción, que aplicaba sempre Mariano Rajoy. 
E haberá quen insista na consabida fórmula de desprestixiar a Sánchez aplicando o de ser guapo ou feo. Xa caerán da burra.  Elevar o listón da Política e ocuparse do de tod@s son os seus retos. Pero tamén o seu compromiso.
As ausencias son relatorios de afectos incompletos –díxolle  El– pero ti tes palabras máxicas, e rehabilitas con tenrura meus espazos feridos. 
Ti es sempre suxeito, e verbo e predicado...

Da brillante exemplaridade

Te puede interesar