GALICIA, NAI E SEÑORA

|

Non cabe aquí nin sequera unha breve recensión histórica, pero si dicir que ao longo de máis de 4.000 anos os galegos de tódolos tempos mantiveron sempre un espírito de loita contra as inxustizas e as ameazas de invasión que non foron poucas, unhas e outras. Celtas, románs, suevos, godos, mouros, normandos, franceses e ingleses, poden dar boa fe délo. 
Toda a historia, xunto cunha xeografía con características moi diferenciadas do resto da península, fan de Galicia e de nós os galegos, unha rexión e unha xente de moi fonda personalidade con valores culturais incuestionables. 
Velaquí unha pequena mostra das nosas sinais de identidade. Rosalía de Castro, unha muller cunha estrela na fronte e no bico un cantar. Ramón María del Valle-Inclán que era como o Marqués de Bradomín, o seu alter ego, feo católico e sentimental. Manuel Curros Enríquez, o poeta excomungado por mirar ao chan. Eduardo Pondal, o bardo bergantiñán, de Ponteceso. Álvaro Cunqueiro, o vate das mil primaveras. Wenceslao Fernández Flórez, e a súa fraga de Cecebre. José María Castroviejo, A montaña ferida. Xosé María Díaz Castro, a beleza feriuno para sempre. Eduardo Blanco Amor, a esmorga e os esmorgantes. Xosé Neira Vilas, a memoria viva dun neno labrego. J.J. Moralejo Alvarez, profesor de grego e licenciado en “Troitoloxía”. Manuel Rivas, coruñés, escritor e xornalista. Xavier Alcalá e a súa cinza. Álvarez de Sotomayor, pintor ferrolán que foi director do museo do Prado. José Seijo Rubio post-impresionista, director do museo de Bellas Artes da Coruña. Xosé Otero Abeledo (Laxeiro), natural de Lalín. Compón xunto con Seoane, Colmeiro e Maside o grupo dos renovadores. Felipe Bello Piñeiro, o mestre do Seixo. Ricardo Segura Torrella, discípulo do anterior. González Collado, pintor, debuxante e ilustrador. Laureano Quesada, nado en Ferrol, o pintor do realismo mágico. Miguel Ángel Fernández almirante, poeta e pintor. 
Os ríos: O pai Miño que ten a fama, o Sil que leva a auga, o Ulla, o Tambre, o Lérez, o Eume, o Mandeo, o Forcadas, o Belelle, o Xuvia, os Sete Muíños de Guitiriz, así ata dez mil. Os areais: Doniños (meu amor), Valdoviño, Sanxenxo, Portocelo, Lapamán, A Lanzada, As Catedrais, Lume Bo, Coroso, Samil, Esteiro, A Rapadoira... Dende Ribadeo ata Salvaterra.

GALICIA, NAI E SEÑORA