O Belén da miña infancia

|

O Nadal da miña infancia tiña maxia. Ao mellor é tan só o tempo e a memoria a que lle engade unha pátina especial. Pero o simple feito de ir achegándose a data no calendario, xa provocaba en nós unha emoción e unha intensidade que, difícilmente, podíamos controlar. Daquela, non existía a ponte da Constitución, e o Nadal viña marcado polo día 20 de decembro. Era chegar esa data e, meus irmáns e máis eu (familia numerosa), empezabamos a presión constante sobre meu pai para poñer a árbore e facer o belén. As casas non eran grandes, pero en pouco tempo a árbore e o belén tiñan o seu espazo.

Meu pai, que non sei de onde sacaba o tempo, tiña que ir a pola árbore que daquela non eran de plástico e, chovera ou non, chegar cun fermoso pino onde colocaba as bombillas grandes de cores e despois as guirnaldas e as bolas decoradas. ¡Cheiraba marabillosamente a resina!

Despois, montaba o Nacemento e nós tiñamos que ir buscar musgo, terra, pedriñas e ter alisado o papel de prata das tabletas de chocolate para facer o río e o estanque das lavandeiras… tiña todas as esceas: o mercado, os patos, a ponte, o castelo, os pastores… era na nosa infancia, inmenso e perfecto.

Pasaron os anos. Hoxe fago beléns con movemento, ríos de auga e fornos con luces, pero nunca sentín unha emoción igual á que me provocaba aquel belén de plástico da miña infancia. Aínda o teño. E sempre me inunda de nostalxia. O de menos é que todas as pezas cabían nunha caixa de zapatos.

O Belén da miña infancia