A CARTILLA DE RACIONAMENTO

Lembro aqueles anos 50 do pasado século, cando ía coa miña nai collido ao seu mandil para mercar aceite coa cartilla de racionamento; anos de fame para milleiros de persoas. Non foi así para moitos adictos ao réxime franquista que calmaban a fame a conta da maioría que estaba desamparada. Co tempo foise avanzando. Non entanto, sempre percorremos o camiño moi por debaixo dos países do noso entorno.

Isto ben a conto polo que agora estamos a pasar; non lembro unha “crise” tan salvaxe como esta, probablemente estamos asistindo á maior estafa da “democracia”. Estou abraiado ante o xiro que tomou este Goberno: Aprobar os presupostos e logo modificalos cun recorte de dez mil millóns en sanidade e ensino. Promesas desfeitas de non subir os impostos e logo a baixada de renda das pensións coa introdución do “copago”. Preparación do asalto á RTVE; proxectos de leis do Código Penal que atentan ás redes en internet...

É de mágoa estar asistindo aos meus anos a un deterioro deste país, desfeita que lémbrame aqueles anos 50 do fascismo. É un crime de lesa humanidade ir contra a saúde dos máis febles na sanidade e o futuro do ensino é abondo moi negro. Este Goberno debería implantar a cartilla de racionamento e volver ás cavernas, para así os seus adictos que nos meteron nesta estafa poidan vivir moito mellor á conta dos honestos cidadáns. ¡Coidado! Non tiren moito da corda que poden coller callos nas mans.

A CARTILLA DE RACIONAMENTO

Te puede interesar