Marcho, que teño que marchar

a lea ésta do Emérito, dos Borbóns e da Coroa haberán concordar comigo que todo  está moi mal organizado. O xefe do estado e o presidente do goberno sabían dende marzo de 2019 o da comisión dos 100 M€ e ninguén reaccionou até a pandemia, cando Borbón e Grecia lle quitou ao seu pai a súa participación no orzamento da Casa Real e renunciou a unha herdanza  irrenunciábel. Despois, o 18 de marzo último, o xefe do estado declamou un discurso difuso e  baleiro, onde nada dicía da conduta do seu pai.
Pasou o peor da pandemia e Sánchez pediulle un aceno á Casa Real sen facer, pola súa banda, o que lle cumpría, que era modificar o Real Decreto 368/1987 suprimindo o tratamento vitalicio de Re) do Borbón e Borbón. Borbón e Grecia executou despois unha tournee territorial deseñada polo seu peor inimigo e, rematada ésta, Borbón e Borbón escríbelle dicindo, en síntese “Filipe, maxestade: marcho que teño que marchar”. Nin pagou o que adebedaba ao Fisco, nin nos escrebiu, desculpándose, á cidadanía nin aos representantes parlamentarios. Despois lisca, porque seica é o que lle cómpre arestora e aterra en Abu Dhabi, famoso polo seu respecto á democracia e ao Estado de Dereito. Pregúntolle aos que saben de política se todo este balbordo non será un gravísimo erro dos que dirixen a Casa Real e a Moncloa e un referente galeguista e moderado, con moi importantes responsabilidades pasadas na Xunta respóstame “ Xoán, a fuxida do Borbón , máis que un erro político da Coroa é unha evidencia da incapacidade do Estado para evolucionar cara fórmulas máis democráticas. É a mafia madrileña. Si o Emérito quixera salvar á Monarquía permitiría que o seu fillo o matara políticamente con honra. Mais dí que non, convencido de que as súas trapalladas eran coñecidas por todos. Velaí que lisque cos honores todos e os demáis a calae, mentres o propio Sánchez di que non sabe onde está… incríbel!”.
Resólvense deste xeito as diferenzas entre o xefe do estado, o xefe da Casa Real e o presidente do goberno do estado. Mentres, o Tribunal Supremo paralisa a pescuda xudicial a respecto do Borbón e Borbón e usurpa as funcións dos xulgados de vixiancia penitenciaria deixando sen efecto permisos, traballos exteriores e terceiros graos dos presos políticos soberanistas cataláns e a Audiencia Nacional investiga á líder do BNG, Ana Pontón por inxurias á Coroa. Xa que logo, haberán convir comigo na falla absoluta de transparencia e exemplaridade na Coroa e nas Institucións centrais do Estado español. Unha falla de transparencia e exemplaridade que haberán condenar á Monarquía, máis cedo ca tarde, ao ostracismo. Mais, polo de agora, o Goberno central vai no lote, polo menos da  falla de transparencia. 

Marcho, que teño que marchar

Te puede interesar