Dos resentimentos

foi duro. A medida que a realidade das nosas cidades e Comunidades Autónomas van debullando os últimos episodios das fases de desescalada, semella que falaramos de que vivimos nalgunha forma de paréntese, que tivo as nosas vidas nunha burbulla atemporal e indeterminada. Todo foi adaptándose a un ritmo e a unhas medidas que pouco tiñan que ver coas do sistema métrico decimal. E houbo improvisación por descoñecemento, e por inesperado, con algúns desacertos e moitos acertos tamén, que levaron unha realidade afectada, a unha nova normalidade que ten moito que ver coa realidade de sempre. Todo semella reconducido, agás o resentimento derivado de filias e fobias que nada teñen que ver coa xestión da pandemia. 
A sociedade española tivo a mala sorte de non ter, no peor momento da súa historia recente, unha oposición con capacidade e criterio. O PP e Vox intentaron converter unha pandemia inesperada nun trampolín que lavase os seus propios fracasos. Aplicaron a vella teoría de botar enriba da realidade, toneladas de lixo e manipulacións para que calquera xestión parecera negativa, pasara desapercibida e fora cuestionada, creando unha sensación de caos e descontrol. E certo que o intentaron e que crisparon moito, pero foille estoupando nas mans. Fronte aos discursos do caos, houbo xestión con criterios de saúde e de seguridade. Fronte ao medo e o insulto exacerbado, estiveron a corrección absoluta e franciscana de Illa e de Simón. Fronte a un odio visceral, estivo un goberno de coalición xestionando. Todo semella xa un tanto lonxano, agás polo ruído denso e cargado dos resentimentos que seguen, coma treboadas, anunciando os de sempre, coma sempre.
Sentirte da sentido ao tempo –dixo El– habita cada esquina de versos esenciais e de praias fendidas de horizonte e salitre. Sentirte é un relatorio de vivencias e unha lista de afectos... un impacto de pombas que fire e que emociona.

Dos resentimentos

Te puede interesar