TERESA DE JESÚS

Celébrase este ano o quinto centenario do nacemento de esta singular muller coñecida no mundo enteiro. Escritora excepcional e feminista transgresora, así considerada por expertos analistas e intelectuais, entre eles un catedrático de Salamanca coetáneo seu, Fray Luis de León. Tiña tal personalidade que desbordaba os límites ordinarios da natureza humana, aínda que na católica España de Trento viñese sendo coñecida pouco máis que polos seus arrebatos místicos, algo que pertence só a súa vida interior.
Pero, en realidade, Teresa foi moito máis que unha relixiosa mística dentro de un convento. Teresa quixo e soubo proxectar a súa vida e a súa enerxía e actividade á sociedade na que vivía. O seu entusiasmo sen límites levouna, segundo din dela os estudosos, a facer varias revolucións ao mesmo tempo. Quedémonos neste sinxelo comentario coa da súa congregación, para a que logrou dezasete fundacións, un número impresionante nos seus curtos días, e a das letras, que alguén cualificou dicindo que a súa obra non desmerece ante o Quixote. A súa obra literaria destaca sobre todo pola sinxeleza, da que Xerardo Diego dixo que escribía non tanto como falaba senón máis ben como era ela mesma. Igual que a súa proximidade que os lectores aprecian, dando a impresión de que nos seus escritos encóntrase Teresa mesma en persoa.
Quédanos o seu feminismo no que foi especialmente rupturista no fondo, aínda que na forma tivo o arte e as mañas de que non aparecer como tal. Logrouno sen sobresaltos e vencendo sempre os innumerables e constantes obstáculos que encontraba en todas partes, principalmente nos seus superiores, bispos e xerarcas. Teresa trasgrede sen medo ás leis que no seu tempo impedíanlle, tanto a ela como a todas as mulleres, tomar decisións persoais pola súa condición feminina.
No século XVI as mulleres atopábanse nun contexto social carente por completo de autonomía, obrigadas a someterse ao dominio dos varóns. Unha sumisión imposta en cada caso polo pai, polo marido ou polos superiores relixiosos. Así transcorreu a vida de Teresa que quixo ser muller da súa época, rompedora de vellos moldes e abrindo as portas do futuro. Os camiños trillados por Teresa foron tan senlleiros que alcanzaron os nosos días. Hoxe Teresa de Jesús, en certos aspectos, continúa a ser unha muller de actualidade en España e máis alá dela.

TERESA DE JESÚS

Te puede interesar