DENDE GALICIA: MENSAXE PARA A ESQUERDA

OPP volve a revalidar sen esforzo algún unha maioría que nunca tivo perdida, e a medida que chegan as noticias dos resultados electoriais, tan só certifican o que xa estaba anunciado: máis PP e durante máis tempo. Rajoy baila muiñeiras na Moncloa porque o ansiado cheque en blanco que xustifica a súa política xa lle chegou dende Galicia claro e forte. O rescate xa é posible.

A Nova, a Alternativa Galega, irrumpe coa forza dun trebón no panorama político do Pazo do Hórreo, empuxado por un home que foi e segue sendo referente para moitos dunha maneira de facer.

A mensaxe que as urnas deixan é que a esquerda en conxunto debe facer unha fonda reflexión. As tormentas deixan lodos que son fácilmente recoñecibles durante tempo e nacen como consecuencia das loitas internas que rematan por convertir en secundario o que é principio da acción política: a defensa dos cidadáns e non outra cousa.

Por tanto a sociedade demanda unha esquerda que sen ambaxes nin timideces defenda os principios que son e serán sempre da esquerda. É certo que os recortes de dereitos está a facelos o PP de Rajoy e Feijoo. É certo que subiron impostos, recortan o público e maquillaron o déficit, pero semella que a cidadanía non percibíu unha forza igual en potencia, pero de senso contrario, que puidera frear e dar marcha atrás ao rumbo que o PP de Rajoy marcou para todos.

O PP gaña e a desafección, marcada pola abstención, tamén. Hoxe moitos están felices. Mañán ninguén recoñecerá ter votado ao PP. É a nosa realidade. Vostedes entenden algo?

 

DENDE GALICIA: MENSAXE PARA A ESQUERDA

Te puede interesar