DE BÁRCENAS E TRAMAS

|

Dicía daquela o capitán Losada, que se estaba poñendo o Exército que non habería individuo algún que quixera vir a alistarse. Pois ben, estase a poñer a situación política con convulsións por riba do 10 na escala de Richter. Todo treme baixo os pés dos Partido Popular e sin excusa nin repouso.

Bárcenas cumplíu as ameazas e armouse o belén. Pero garda ases en caixas baixo sete chaves, para cerciorarse de que os mandamases do PP, sexan os que sexan, cumplen os compromisos aos que, é de supoñer, teñen chegado nalgún acordo de mínimos. Tras días de silenzo (e tensión), como nunha partida de xadrez, Bárcenas moveu peza e demorou, provisionalmente, o xaque mate sobre Rajoy e a cúpula popular, e anuncia por doquier desmentidos sobre as anotacións, os sobresoldos, di que el non foi… e todo en espera da dirección do seguinte movemento de Rajoy.

Famosos exdeputados e cargos do PP recoñecen as anotacións que lles afectan e outros cantan ata por soleares sobre o divino e o cobrado e que sabían que esto pasaba dende moitos anos atrás. Son malos tempos para a política. Esa con maíusculas que non pode ser substituida nin desprezada. Esa que precisa urxentemente liderazgos novos e compromisos e valores novos, que fagan posible a resurrección da confianza nun sistema que debe ser reforzado nos controis para que estes apodrecementos non sucedan máis. O resto, os que quedaron atrapados no entramado de intereses e de cobros en negro, os que mentiron, que a xustiza lles de o que merecen. Caia quen caia. E que cada pau aguante a súa vela.

DE BÁRCENAS E TRAMAS