A VERGOÑENTA ESCAPADA DE RAJOY

Sempre se dixo que o medo é libre; incluso que todo o que ten cú ten medo, pero o que nunca imaxinara é ver a Rajoy dando media volta vergoñentamente ante a prensa, e fuxindo. O mínimo que se lle pode pedir a un presidente de Goberno é que saiba disimular os seus medos para xenerar confianza e non máis desánimo, incertidume e sospeitas dos que acumulamos.

E que, ante a magnitude dos novos recortes, un novo engano masivo, o lóxico sería dar a cara e contar a verdade, en lugar de facelo nunha ridícula nota. É máis do mesmo: cada vez que De Guindos sae de España, poñemos a radio para ver que anuncia alí que non se atreve aquí. Montoro promete una cousa e a contraria. Rajoy nin comparece nin lidera. E todos dixeron que non tocarían nunca nin sanidade nin educación… ao día seguinte sufrían amputacións de 10.000 millóns.

Un ataque frontal ás dúas liñas vermellas que non se deberían franquear. Son actuacións que xeneran vértigo, como se ante os nosos pés un barranco xurdira de súpeto. E Rajoy e o PP, perdidos no espazo da indefinición e con “ocurrencias” contínuas nas que uns din o contrario do que dixeron os anteriores, xeneran medo. E cando o Goberno ten medo, a confianza da sociedade queda aboiada e á deriva. E o medocheira.

 

A VERGOÑENTA ESCAPADA DE RAJOY

Te puede interesar