Dos erros persistentes II

|

Rematou o verán. Laboralmente falando, recuperamos a rutina que volve a instalarse nas nosas vidas. Pouco a pouco, este tempo de lecer e reencontro, vai quedando na memoria curta das emocións positivas. Retornamos, eso sí, máis bronceados e felices. 

A pesar de todo comprobamos que o común denominador das novas veraniegas, segue a ser por antonomasia, o erro consumado ou a insistencia repetida no mesmo. Esperanza Aguirre admite que varias das personas nas que confiou, saíronlle rás. E agora ela mesma está imputada na trama Púnica. 

Tamén Cristina Cifuentes, imputada na mesma trama, manifesta que ela somentes pasaba por alí. Pero non só dos antigos vive o erro. A recén chegada Ayuso e o caso AvalMadrid,  e o seu piso supostamente resultado dun alzamento de bens. 

Ou do matrimonio Espinosa de los Monteros e Monasterio, coa súa casa e despacho profesional. O esforzo continuado de PP e Cidadáns para ser máis extremistas que Vox, en temas de violencia de xénero, ou eliminando as Direccións Xerais de políticas de Muller. Boadella, militante en boutades, impudica e insoportablemente  errado, manifesta que non se fixeron as mans dun macho para estar quietas. 

Ou o erro permanente de Unidas Podemos. Entendéndose posuidores dunha mensaxe mesiánica, ou é con eles ou nunca será, insisten e persisten. Ao erro maíusculo de non aceptar Vicepresidencia e Ministerios no mes de Xullo, erro de tal magnitude que pasará a formar parte dos programas académicos de Ciencias Políticas, insisten en navegar na importancia de 3 millóns de votantes, obviando que eles desprezan aos 10 millóns que gañaron as eleccións. O peor dos erros non é que sucedan, senón que non se recoñezan, nin se corrixan.

Deixamos sen habitar miles de abrazos –díxolle El– perdidos nas estacións de tránsito, sentimos que partiron tristes os mellores soños...

Dos erros persistentes II