Océanos de futuro e igualdade

con certeza, o mes de Xuño é o mes da luz, non só polo seu efecto de percepción de amplitude no período dos días máis longos, senón polo que respecta a simboloxía da vida natural; e dicir, da chamada do Medio Ambiente nas súas diferentes formas que teñen, precisamente agora, as conmemoracións máis sobranceiras; a propia da reivindicación da diversidade biolóxica, mais tamén a das árbores, a das tartarugas mariñas, a dunha ameazada especie de paxaros;e, por ser a próxima a celebrar este vindeiro luns, a dos océanos que nesta ocasión pon foco na denuncia da desigualdade que soportan as mulleres traballadoras do mar, sexan do ámbito marisqueiro, da acuicultura ou traballen na industria conserveira e negocios de transformación afíns. Causas xustas que adoitan a chamada dun Día Internacional, na dinámica non sempre efectiva, impulsados pola Organización das Nacións Unidas como “oportunidade de sensibilizar ao público en xeral sobre temas de grande interese, tal é o caso dos dereitos humanos, o desenrolo sostíbel ou a saúde; ao tempo de facer un chamamento para ser atendidos polos medios de comunicación e polos gobernos na procura de impulsar o coñecemento de problemas sen resolver que precisan a posta ten marcha e medidas políticas concretas” nunha aposta por un futuro mellor para todos.
 Por iso, a ONU dinos que “o noso océano é o noso futuro”, pedindo que reflexionemos para reparar na evidencia científica que mostra que os riscos para a saúde pública teñen a ver, cada vez máis, coa saúde dos mares. 
Pode sorprender saber que organismo atopados en profundidades extremas son utilizados na detección do Covid-19 e, aínda máis relevante, neste ámbito do ecosistema oceánico pode estar a solución para a humanidade fronte a esta pandemia sanitaria. Esta é, precisamente, unha das moitas razón para recordar a importancia do coidado da auga mariña na vida cotiá da xente. Mares e océanos son os pulmóns do planeta, a máis grande parte do osíxeno que respiramos. 
A epidemia mundial campante polo universo globalizado é boa ocasión para concienciar á opinión pública responsábel sobre as consecuencias da actividade humana a favor do coidade e preservación desa inmensa masa de auga que ancora o medio mariño. Tempo de mobilizar á cidadanía a prol da xestión sostíbel dos océanos, fonte de alimentos, medicinas e parte fundamental da biosfera. Oportunidade para “facer fronte á desigualdade, obxectivo nuclear na Axenda-2030”.

Océanos de futuro e igualdade

Te puede interesar