Dos acordos históricos

|

lgunhas decisións transcenden dos ámbitos do mero acordo, e revalorizan o papel da Política como eixo esencial que facilita a convivencia das sociedades, especialmente nos momentos máis críticos. 
Chegar a tempo ás solucións pon en valor a importancia das  Institucións Europeas, sendo ademais unha demostración evidente de que as posturas comúns, asentan medidas de fortaleza e de convicción no acertado da existencia da UE. É unha decisión histórica, á altura do momento que vivimos, e  imprescindible nesta situación de especial vulnerabilidade. Dentro do esforzo político do conxunto dos gobernos, cabe destacar o protagonismo de Pedro Sánchez na esixencia da unidade e da toma dunha decisión de gran calado, amparado nun eixo franco-alemán que entendeu claramente o papel que a Unión debía xogar nesta crise. Na parte negativa, unha vez máis, e  sobrepasa xa o escandaloso, o partido popular de Casado que xogou en contra dos intereses de España e colaborou activamente coa postura obstrucionista holandesa. Unha postura que de ter triunfado, condenaría a España a situación económica extremadamente complicada. Non ten visión de Estado nin altura política. Unha mágoa que Casado condene, coa súa visón cortoplacista, a un partido que tivo responsabilidades de goberno e unha liña de acción moderada, e o converta en mera comparsa das súas veleidades de derrubar ao goberno a calquera prezo, e do revanchismo dun Aznar do que xa ninguén se lembra, e menos para ben. Certamente un acordo histórico, un esforzo económico sen precedentes. Parabéns ao Presidente Sánchez, e lembremos que Casado nin  estivo alí, nin soubo non estar e ademais, ninguén o botou de menos.
Aprender a vivirte redimensiona o mundo –dixo El– define as estacións dende a nostalxia e fai medrar os abrazos ata faros de soños poderosos. Vivirte ten aromas de horizonte con mar e notas de vainilla, e quentura da paixón que dorme nos teus ollos...

Dos acordos históricos