Do pánico

nada hai máis contaxioso que o pánico. E nada fai máis iguais aos do Norte e aos do Sur, que esa ola devastadora que medra a cada instante. Ante isto non rezan ideoloxías nin etnias. O medo iguala a aquelxs que comparten un discurso ou un sentimento de catástrofe. Unha especie de cadea sincrónica que acaba por facernos militantes das filias e das fobias que circulan polas redes, sen contrastar nin depurar, e sen outra intención máis que a de incrementar o medo. De súpeto todo o mundo se convirte en sospeitoso e calquera incidencia, desata a fera esa que levamos dentro. Algúns argumentan que sucede pola protección e defensa dos nosos. Outros polo instinto de supervivencia que sempre vive en nós. O caso é que resulta máis sinxelo crer no escandaloso, tráxico e impactante, que na sinxela e humilde realidade que, evidentemente, e bastante menos glamurosa. A vida, mentres tanto, sobrevive nos estadios intermedios. Nos que habitan xa as dúbidas, as críticas, e empezan a asomar as gretas nos outrora sólidos edificios ideolóxicos. Cidadáns entra na división e na loita, e empezan a cuestionar o incuestionable, en vivo e con testigos. Alguén meteu a pata e demasiadxs na dirección, fixéronse xs muditxs. O PP evidencia friccións a costa dos pactos, pouco traballados e peor articulados. E xa hai territorios damnificados e feridos en combate. En Galicia Feijóo marcoulle ao plan Casado, varias liñas vermellas. Pero na sociedade galega, hai unha percepción real de cambio. A chegada dunha maioría progresista, liderada por Gonzalo Caballero, asoma xa no horizonte do posible. 
Escoitarte engade códigos a esa nostalxia épica da urxencia –dixo El– e regresar é unha vocación antiga de tenrura; un exercicio de nubes que esvaecen, unha choiva de versos confundidos... Escoitarte é vivir en mundos dobres, nas memorias felices onde habita o sentido...

Do pánico

Te puede interesar