Secretos de club

Para alén da imaxe dun grupo selecto de entre a xente poderosa que “corta o bacallau” e move os fíos dos grandes asuntos mundiais, impoñendo a súa interesada estratexia de negocios, o Club Bilderberg non é un descoñecido para comunidade internacional aínda que o que se fala nas súas xuntanzas sexa precisamente de natureza secreta, limitado no coñecemento aos que anualmente participan na convención declarada, mais non pública. Xustamente a que remata de celebrar nos pasados días en Chantilly, preto da capital americana, unha peculiar localidade carente de concello e goberno propio, sitio ideal para a intriga e a confabulación. 
Certamente, os alí reunidos en parladoiro non van ao hotel do encontro para xogar ás cartas ou calquera outro enredo social, non. Baixo a teoría das elites, os organizadores convidan a persoas que xogan ou van facelo nun futuro próximo, un papel relevante na marcha dos asuntos da cidadanía planetaria, con especial énfase na acumulación de potentados do ámbito occidental,  Europa ou Norteamérica, aínda que teñen invitado, tamén, a xente doutras xeografías en función do seu propio interese de lobby; e dicir, de organización que exerce presión sobre os poderes públicos para favorecer aos seus propios intereses.  Diso vai parte da esencia do club.
As sesión de traballo dun grupo de persoas que prescinden da súa escolta de seguridade habitual, norma imposta para ser participante, en sesión nas que non só é impensábel a presenza de medios de comunicación, se non que non pode ser gravada en testemuña gráfica polos asistentes aos que se lle faculta a utilización posterior do alí comentado coa obriga de nunca citar fontes; loxicamente leva a considerar a existencia dun contubernio na súa acepción de “entendemento entre dúas o máis persoas, habitualmente en prexuízo doutra ou asociación de intereses ilícitos”. Literatura hai dabondo intentando poñer luz e taquígrafos arredor deste modelo de foros.
Vén puidera ser pura casualidade fortuíta, sen relación algunha entre si, que a coincidencia no hotel do territorio de Virxinia, entre os cento e medio de hóspedes relacionados co cumio, do ministro español de Economía e da presidenta do Banco Santander, dous días despois coincidindo co seu retorno, producira a subhasta do Popular. Lícito é pensar que sobre diso falaron e acordaron. Completaron a nómina, o cabezaleiro do grupo Prisa e máis o candidato de Cidadáns, este en lección iniciática de compromiso cos secretos do club.   

 

Secretos de club

Te puede interesar