NOVAGALICIA: HAI SOLUCIÓN

NG BANCO ven de aprobar as contas anuais do 2011 (cunhas perdas consolidadas de 168,7 M€, malia que acadase un EBIDTA positivo) e de lle remitir ao Banco de España o plan de recapitalización que lle esixe o R.D.L. 2/2012, promulgado por Rajoy . Plan que recolle a posibilidade dunha poxa ao xeito Unnim ou Catalunya Caixa (que beneficiaría, eventualmente ao Santander, Caixabank ou mesmo Bankia) ou a achega de socios privados nun 20% do capital, garantidos por un esquema de protección de activos. A primeira fórmula non é, evidentemente, a alternativa de Castellano e González-Bueno, presidente e conselleiro-delegado de NG Banco. A súa formulación documental respostaría, máis ben, a presenza de conselleiros do FROB na entidade galega, que esixirían un documento neutral.

Galicia xógase moitísimo nesta andaina.Mais tamén o interese xeral estatal, a xeito de devolución parcial dos recursos públicos investidos polo FROB. A poxa determinaríá a absorción de NG Banco,a liquidación do sistema financeiro galego, a perda de milleiros de emprego e máis a exclusión financeira de milleiros de familias e pemes galegas. Mais, tamén, a perda de moitos dos recursos estatais inxectados. Pola contra, o alleamento dun 20% a investidores internacionais determinará unha real recuperación de recursos estatais e máis o mantemento da galeguidade da sede do Banco líder no noso País en canto captación de pasivos e concesión de préstamos. Galicia e o conxunto do Estado gañarían coa inxección de recursos exteriores. E, nuns meses, os capitais minoristas galegos poderían completar o núcleo fulcral do capital a medio dunha saída,polo menos parcialmente minorista, á Bolsa.

A decisión será política. Só Rajoy podería impedir que agromase a solución de posibilitar a continuidade de NG Banco como entidade autónoma de seu. E semella que, se elixe escoitar a un parcial De Guindos (de quen o xornalista José Luis Gómez ven de lembrar a súa pasada aposta pola absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid), sería quén a facelo.

 A ARRINCADEIRA

Foi unha semana negra no humanitario e no ambiental por mór desta terríbel vaga de anticipados lumes. Como sempre sería inxusto responsabilizar en exclusiva á Xunta.Mais boa parte da responsabilidade, polo menos indirecta, hase residenciar na falla de medios e previsión da Consellaría de Medio Rural. Os recurtes aforran recursos,mais moitas veces-esta vez- nos deixan-nos deixaron- indefensos fronte un dano e empobrecemento moito maior.

NOVAGALICIA: HAI SOLUCIÓN

Te puede interesar