Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Rajoy e as deputacións

Apunxente actualidade do resgate bancario e da cesión da soberanía á UE deixou nun segundo plano o insólito plan do Goberno do Estado para afortalar todas e cada unha das 47 deputacións españolas de réxime común, que asumirían os servizos públicos dos concellos menores de 20.000 habitantes no suposto, xeralizado,de insuficiencia de recursos destes.

A opinión pública galega e mesmo parte da española era case unánime: suprimirmos as deputacións e fusionar concellos para organizarmos dacordo cun primeiro nível: o país, a autonomía e un segundo nível, que en Galicia habería estruturarse nuns 40 a 60 concellos que fosen poboacional, territorial, administrativa e financeiramente viábeis para prestar os servizos públicos e artellar o urbanismo, os transportes e o territorio. Este modelo suprimiría as duplicidades no ámbito local e constituiría unha boa ferramenta para aforrar custos e fomentar o crecemento económico.

Qué sentido ten este Plan Rajoy para potenciar as deputacións? Cara aos concellos, paralisa as súas fusións para homoxeneizar a prestación dos seus servizos dende a capital provincial. As deputacións garantirían un mesmo nível de xestión e prestación de servizos en todo o Estado, o que impediría calquera políticas locais de mellora ou priorización de determinados servizos. Unificaríase, por exemplo, a xestión dos servizos sociais, dacordo con criterios provinciais e estatais.

E cara ás comunidades autónomas potenciaría o elemento provincial como contrapeso do autonómico para, progresivamente e baixo pretexto das necesidades de aforro administrativo, reducir ás administracións autonómicas a mancomunidades de deputacións, na práctica, tirándolles a súa autonomía política.

Un plan agresivo para o autogoberno galego, mais tamén para a autonomía local e para a calidade dos servizos públicos. Agora sabemos por que Feijóo estivo inactivo canto á reforma local durante estes tres anos longos de lexislatura.