ESPIÑAS DE BACALLAU

Ramón Suárez Picallo, deputado nas Cortes da segunda República, levou ante a Cámara unha proposta a favor de que unha lancha da Armada, coas súas correspondentes metralladoras realizase patrullas pola ría de Ares co obxectivo de liquidar a todos os golfiños que avistase. O motivo non era outro que eliminar o maior número de mamíferos mariños debido a que comían moitas sardiñas e impedían aos pescadores que realizasen as capturas para a venda pública e o consumo privado.
A xente do mar até non hai moitos anos baseaba a súa dieta en peixe de descarte, como se di agora, ou unha parte da venda. Así que na época da sardiña este pescado era fundamental máis que na dieta, na supervivencia de miles de persoas, de modo que os pescadores, iso de compartir a comida con golfiños non o vían ben. Nun dos poucos casos de relación entre votante e votado, o mariñeiros da ría de Ares reuníronse con Suárez Picallo quen escoitou as queixas e non se lle ocorreu outra medida que declararlle a guerra aos  arroaces.
Hoxe en día temos que congratularnos de que o Goberno do momento non fixese caso da proposición non de lei do ilustre galeguista, pero no seu momento foi un problema para o veciño de Viloi cos seus votantes mariños, que viron no uso continuado da dinamita unha forma máis útil de pescar e de espantar delfíns ao mesmo tempo. Aínda así, na actualidade ambas especies de mar, sardiña e golfiño, non gozan da súa mellor saúde e vitalidade.
Tampouco hai tanto tempo que a riqueza dunha casa era medida pola lonxitude e grosor da folla de bacallau que colgaba na cociña. E a opulencia familiar multiplicábase a medida que minguaba o peixe seco e salgado e era substituído por outro, de modo que era visible unha peza e media do alimento.
A imaxinación culinaria dos nosos antepasado era tal que idearon a forma de preparar e comer as espiñas dos bacallau. Non hai moito tempo tiven a ocasión de comer as raspas do peixe como prato de deseño e non era outra confirmación máis da teoría de que o peixe só sabe a limón, se é cocido, e a aceite queimado, se é pasado pola tixola, aínda que canto máis caro, máis suculento, aínda que a sardiña cambiase a venda por ducias por quilos.
Aínda quedan seres humanos galaicos que renegan do bacallau e da sardiña, por seren recordos de momentos de necesidade e nin o prezo elevado do pescado vainos facer cambiar.
Como acontece co caldo de grelos ou nabizas, que nin os reputados cociñeiros conseguiron elevar do submundo culinario, mentres non se venda caro e haxa quen vaia comelo a Madrid

ESPIÑAS DE BACALLAU

Te puede interesar