Maquiavelo

Hai un par de semanas falaba con meu neto Iago, que ía ter un exame sobre o tema, dos tempos do Renacemento. E alí batiamos, como non, con Maquiavelo e coa célebre frase que di que o fin xustifica os medios, que non está nada claro que o florentino a tivese dito dese xeito. 
Neto e avó coincidiamos en que actuar con principios así é unha barbaridade. Dun xeito bárbaro obraron os que dispararon dun xeito indiscriminado contra os asistentes a un concerto ou contra as xentes que gozaban botándolle un algo en establecementos públicos. É evidente que para eles esas matanzas están xustificadas polo fin que perseguen. 
O fin que millóns de persoas perseguimos é o de acabar con ese tipo de actos tan inhumanos. Mais a consecución dese ansiado obxectivo non debe levarnos a xustificar o matar indiscriminadamente porque outros o fagan. A bombardear sen miramentos a milleiros de persoas que nada teñen que ver. Non vale dicir que lles dean que non son dos nosos. Onte, por certo, fixo corenta anos que morreu o ditador Franco. É peor al-Asad?

Maquiavelo

Te puede interesar