O REI, O HIMNO E A FINAL

Final da copa do Rei, cataláns contra vascos. Escenario o Nou Camp, data o trinta de maio. Con toda seguridade cheo absoluto, uns cen mil seareiros afeccionados ao fútbol sen outro afán que contemplar en directo o espectáculo deportivo, por riba unha caterva de fanáticos, separatistas, ante-sistemas e delincuentes comúns dispostos, todos eles, a facerse notar. Estes son os perigosos ingredientes do que só debería ser un sobranceiro espectáculo deportivo, ameazando de antemán con pitadas ao Rei e ao himno nacional nun escenario que, dadas as circunstancias, non parece ser o máis axeitado. Corresponde ao goberno da nación e ás autoridades deportivas estudar a situación adiantándose a uns feitos máis que anunciados que poden orixinar alteracións da orde pública no estadio e fóra do estadio. Ao meu xuízo deben barallarse as seguintes alternativas:
- Que o Rei non asista á final, ben por decisión do goberno ou ben por decisión do propio monarca, solución esta que a meu modo de ver significaría, contra o que poida parecer, un golpe de autoridade por ambas as dúas partes.
- Celebrár o partido a porta pechada o que non parece moi viable nin aconsellable. Non evitaría disturbios na cidade.
- Suspender a final como aconsellan algunhas voces máis ou menos autorizadas.
- Celebrala con presenza do Rei e con interpretación do himno asumindo as consecuencias que poden ser moi graves, con insultos e apupos ao monarca e ao himno, asubíos, alborotos, balbordos, cargas da policía, feridos e a posibilidade de ter que suspender o partido en pleno desenrolo.
Non é doada a solución, son as autoridades citadas máis arriba as que deben sinalar o camiño a seguir salvagardando en todo momento dous alicerces irrenunciables, total respecto á Coroa e mesmo ao himno nacional, patrimonio común de corenta millóns de españois.
Para elo dispoñen de tódolos recursos legais que lles outorga o estado de dereito. Difícil elección e difícil o papel de Don Felipe VI actual rei de España,... de tódolos españois.

O REI, O HIMNO E A FINAL

Te puede interesar