Do que sobra

|

a xestión das grandes crises, aquelas que acaban por levar case ao límite ás sociedades e ás institucións, con momentos que arrastran niveis extremos de complexidade e tensión, faltan sempre mans e medios, pero sobran moitos profetas do coñecemento a touro pasado. A esta pandemia do COVID-19, dunha gravidade descoñecida, na que agora tamén lle afloran especuladores, timadores e piratas, non podemos engadirlle esa prexudicial  epidemia de cuñadismo,  que vemos dende moitos medios e moitas tribunas, e que din ter a solución a todos os males universais. 
Cando a realidade muda cada día, e as frontes a atender son tantas, acertar na adopción de medidas é fundamental. Pero tamén é fundamental contar cun ambiente de traballo onde ó único ao que haxa que atender, sexa a tomar as mellores medidas para acertar na protección das vidas dos nosos concidadáns. É momento de poñer en valor o coñecemento e a ciencia como armas que deben ser a luz que acaben con tanta incerteza. Nun momento crítico, onde a clase política debera de parapetarse detrás do goberno e as súas decisións, ao que asistimos é a un espectáculo dunha tremenda mediocridade. Recriminacións inoportunas, acusacións insultantes, puñaladas trapeiras, difusións de bulos que circulan organizadamente polas redes sociais, e incluso peticións de bandeiras a media asta e funerais de estado.  Por Dios! Isto é todo o que teñen que aportar? Ante a morte de familiares e amigos, e os dramas dos hospitais e residencias de maiores, realmente non saben cando hai que calar e arrimar o ombreiro?  Non se dan conta de que si se empeñan en quedarse fóra, acabarán por ser prescindibles? Deámoslle ao urxente a prioridade  que lle corresponde e necesita.
Ás veces, somos depósitos estancos de mornura –díxolle El– esa néboa densa que agocha nas ausencias as emocións sentidas. Ás veces, somos horizontes amplos e sempre mares en calma, contigo..

Do que sobra