OITO ANOS MÁIS DE ORA

AXunta de Goberno Local da Coruña aprobou o venres a contratación dos servizos públicos da ORA e do guindastre (retirada de vehículos) agora xa separados. O actual contrato conxunto remata o 30 de abril, polo que os contratos rexerán a partires de maio até maio 2023 (a ORA) e maio 2019 (o guindastre). É dicir, rexerán dende as vindeiras eleccións municipais.
A colaboración público-privada resolve mellor algunhas cuestións (mantementos, obras…), mais nos servizos públicos fundamentais (saneamento, fornecemento da auga, xestión do lixo, tráfico…) a súa privatización adoita ser camiño para a redución da súa calidade e máis a precarización do persoal. Neste caso, Negreira contrata totalmente consciente que dende maio os novos adxudicatarios xestionarán os novos servizos ao abeiro dun novo Goberno local. A decisión é legal, mais carece de toda lexitimidade por lle condicionar ao novo Goberno que saia das eleccións do vindeiro maio, Nada que non fixera, por outra banda, o anterior alcalde socialista Losada co contrato do Ofimático, a respecto do que non sentimos protestar a Mar Barcón, daquela no goberno municipal.
A Coruña perde unha oportunidade única para recuperar a xestión directa do aparcamento e para sinalar un camiño cara á volta a unha xestión neutral, eficiente e pública dos servizos municipais. Porqué Negreira insiste nun modelo de xestión do aparcamento fracasado?

a arrincadeira
A morte do afeccionado Jimmy en Madrid foi un asasinato na mesma porta do Vicente Calderón. 150 extremistas atléticos, de ideoloxía fascista, agardaban polos deportivistas sen que haxa probas de que houbese un repto previo.  
Hai quince anos extremistas atléticos mataron ao afeccionado da Real Aitor Zabaleta, polo que, malia o extremismo violento destes seareitos atléticos, non se entende que fose considerado un partido de “baixo risco”
Hai equipas futbolísticas que alentan aos seus seareiros violentos. O Dépor nunca o fixo nin o está a facer. Son responsábeis –non culpábeis, pero responsábeis– a Liga do Fútbol Profesional, o Ministerio do Interior e o Atlético de Madrid.

OITO ANOS MÁIS DE ORA

Te puede interesar