DESCONFIANZA
Houbo un tempo no que fomos felices. Seguro que descoñeciamos moitas cousas, pero tiñamos a certidume de moitas outras. Digan o que digan, nunca vivimos por riba do que podíamos, e o futuro era un ceo azul de verán cheo de esperanza; hoxe é unha acumulación de negros presaxios que ameaza xa o presente. Vivimos no intento permanente da cuadratura do círculo e baixo a constante ameaza dos mercados e a súa consustancial desconfianza.
Nada novo, os mercados só confían no diñeiro que se ve e se toca, e na sumisión permanente dos gobernos. A diferenza entre a seguridade e a incerteza chámase prima de risco. O gran irmán permanente, co seu ollo que todo o controla, fai que España estea ao borde do afogamento un día sí e outro tamén. Reina a desconfianza. Pero en nada axudan a recuperar a confianza perdida as actuacións de persoas como Montoro e deputada Fabra. Montoro cada vez que fala sube o pan. Di no Congreso, é dicir ante os medios mundiais, que non hai un peso nin para pagar nóminas. Naceu onte? Descoñece que as súas palabras pesan? Demostra tanta incontinencia verbal como incompetencia.
A citada Fabra, sí a famosa do que se jodan, non ten altura moral para estar representando a cidadáns, senon xa tería dimitido. O malo é que acabará jodéndonos a todos porque é filla de quen é e fai o que veu facer. Rajoy segue ao seu. Sabiamos que non tiña programa, pero vemos que tampouco solucións. Quere ser opaco e rematará por ser invisible. Mentras, o termómetro segue subindo.
