AS MESMAS FRASES FEITAS

|

Estalou o caso Bárcenas, novamente. Hai quen dí que é o caso Rajoy por ser o máximo dirixente do partido e por ser quen defendeu e ascendeu a Bárcenas a responsable máximo dos cartos do partido. Consustancial a este escándalo, aparecen sementados nos medios as frases de rigor. As mesmas frases feitas que soan tanto a desculpa como a lavatorio de mans, estilo Pilatos. Cantos máis galóns teñan no partido, máis recurso ao refraneiro e a facerse de cobas: Que cada pau aguante a súa vela; o que a fai a paga; chegar ata o final “caiga quen caiga”… ou outras similares que comparten co patio da miña casa o feito se ser particular (un problema particular).

Cada vez máis cidadáns pensan que Barcenas aplica o modelo clásico do que se senta no dentista e agárrale os testículos mentras lle dí aquelo de “non nos faremos dano verdade? Só así poderían explicarse as malas disculpas de Rajoy con aquelo de si se entera no futuro dalgunha mala praxis… ou si se pode demostrar que o fixo. Sumemos o dos espías de Madrid e a trama corrupta de Baleares e Valencia... un escándalo.

Bárcenas fixo negocio. Xa colou que se pagaban sobresoldos, en B, de máis de 10.000 euros á cúpula do PP. E, seguramente, tenos ben collidos a todos. É o seu salvavidas. O PP cala e repite a frases exculpatorias rancias e falsas. A sociedade está indignada e a sensación de tomadura de pelo aumenta por momentos. Novamente se demostra que a austeridade non é de quen a dicta, senon de quen a practica. Continuará…

AS MESMAS FRASES FEITAS