NIN XUSTO NIN NECESARIO

Rajoy tivo éxito na súa propaganda con frases contundentes, que tan só pola sonoridade, semellan verdades indiscutibles. A de “Justo y necesario” ven da relixión. E goza de certa sacralidade. Tamén usou, e aínda usa, frases como “De sentido común” , “Todo el mundo piensa así...”, “Hai que hacer lo que hay que hacer” . Pero nunca escoitaremos da súa boca unha demostración. A propaganda non se toma o traballo de demostrar nada.

Con dicir cousas ben enfeitizadas, chega: nos “anuncios” publicitarios os bancos son os nosos amigos e mais xente honrada. As empresas petrolíferas miran pola ecoloxía, os panadeiros semella que venden pan por seguir o consello evanxélico de alimentar aos que teñen fame e os xuíces traballan sen presións, incontaminados eles, tan só movidos por alimentar tamén a nosa fame de xustiza. A publicidade é magnífica e nunca estaremos abondo vacinados contra os seus efectos perversos.

O político nazi Goebbels entendeu perfectamente que sen propaganda non ía chegar nunca ao poder. “O principio de unanimidade”, o num. 11 do seu sistema di: “Chegar a convencer a moita xente que se pensa “como todo o mundo”, creando a impresión de unanimidade”. E no principio num. 5, di esta perla desacougante: “Principio de vulgarización”: “Canto máis grande sexa a masa a convencer, máis cativo ha ser o esforzo mental a realizar. A capacidade receptiva das masas é limitada e a súa comprensión é escasa. Ademais teñen gran facilidade para esquecer.” Con boa propaganda o sufraxio universal é pan comido.

NIN XUSTO NIN NECESARIO

Te puede interesar