Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Amediocridade dos dous últimos Presidentes dos Gobernos do Estado amosa o deterioro institucional da España, ao que non é alleo a invasión metastática do tecido social polas burocracias partidarias do PP e PSOE. Burocracias que arelan controlar a sociedade, regular limitativamente o acceso das persoas á actividade política e parasitar a recadación fiscal para acadar remuneración para centos de milleiros de burócratas..

Esta metástase bipartidista obrígalles a incrementar a presión fiscal sobre as clases medias no canto de reformar o Estado, mantendo absurdos sistémicos como as Deputacións, a metade dos Ministerios, os delegados e subdelegados do Goberno e todos os senadores de elección provincial directa. Por outra banda, PP e PSOE representan os intereses da grande empresa concesional, comercial, bancaria e de distribución eléctrica. Velaí a súa obsesión cos Gobernos autonómicos das nacionalidades, que son os que teñen a capacidade para modular o impacto ambiental e territorial de determinadas actividades e para planificar as superficies comerciais na garantía dos dereitos dos consumidores e da non desertización comercial das nosas cidades e vilas.

As medidas do venres (RDL 20/2012 e outras que se anuncian), ás que xa chaman “a catástrofe Rajoy” teiman na crise institucional española e van agravar a súa recesión económica. Porque a suba dos impostos vai incrementar a fraude fiscal, a inxustiza na redistribución da renda e deprimir máis o consumo e, xa que logo, o crecemento económico.

A rebaixa das retribucións aos funcionarios e a liberalización de horarios comerciais vai agravar moito máis a crise do noso comercio de proximidade. E a falla de reformas institucionais vai afondar nunha aparataxe estatal sobredimensionada nos ámbitos estatal e provincial, pensada para que as burocracias do PP e PSOE sigan a parasitar na sociedade.

Velaí porque as medidas son catastróficas.-Porque nin resolverán o déficit nin tenderán á viabilización das nosas Institucións. Porque deprimirán axiña o consumo e o crecemento, xerando moito máis desemprego e exclusión social-

A ARRINCADEIRA

Para Galicia manter e ampliar substancialmente o autogoberno é esencial para a súa economía e benestar. Mais compre revisar o café para todos. Galicia non é Cantabria. Nin Ceuta, nin Murcia.