Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Arealidade non se pode ocultar por tempo ilimitado. Aínda que a maioría da cidadanía non dispuxese ao comezar a actuar o movemento 15-M dos dados suficientes para conhecer a situación da banca, do Estado espanhol e da democracia de baixo perfil que existe desde o fin da ditadura franquista, as feridas xa evidentes que producen as tesouradas nos petos e nas vidas das persoas non se poden disfrazar, como tampouco o trabalho informativo e crítico das cada vez máis extensas redes sociais. Grande parte da cidadanía séntese estafada polos dous grandes partidos do sistema, que prometeron o contrario do que fixeron, só a beneficio dos mercados e das oligarquías.

A indignación cidadá exprésase nas rúas, con masivas manifestacións en contra da inxustiza e do abuso por parte do goberno de querer facer pagar durante quince anos, con aumentos do IVA, baixadas de salarios, desemprego e recortes sociais, as dívidas que tenhen caixas e bancos coa banca alemá á parte da sociedade que non tivo culpa nin se lucrou nos períodos de maior fraude fiscal, malgasto e corrupción. E non aos seus responsábeis, que deberían ser xa xulgados e sentenciados como mínimo coa devolución de todo o que levaron. Eses colectivos que se enriqueceron nos anos de expansión da borbulha inmobiliaria e do malgasto público coinciden cos que apenas sofren a crise.

O Estado quebrou no económico, máis aínda é mais grave a quebra do sistema político. Aínda que se unan nun pacto os dous grandes partidos sistémicos estatais, non parece que a credibilidade das institucións se vaia recuperar. Alén dos enganos políticos, da condena a milhóns de persoas asalariadas ao desemprego, á precariedade, ou a marcharen polo mundo para se ganharen a vida, non se lhes están a respeitar os seus dereitos sociais. Será mui difícil que volvan crer nun sistema que se comporta de xeito tan sádico con elas.

O Goberno xoga botando gasolina no lume da revolta social, radicalizando a loita de clases, co aumento das desigualdades e abusos económicos. Para muitos que ven que xa non lhes queda máis nada que perder, con desemprego e con prezos superiores aos alemáns e salarios mui inferiores, e que tampouco se lhes ofrece nada distinto nos próximos anos, se calhar, a única esperanza estaría numha ruptura política que mude o sistema.

Sería imprudente neste contexto de indignación xeneralizada que o Goberno espanhol, desbotando un elemental respeito democrático e a ética política, non someta a referendo as súas últimas e gravísimas medidas,