Hai alguén aí?

Cumprido xa o prazo para a presentación das ofertas vinculantes no proceso de concorrencia competitiva de NCG Banco, semella non se terá en conta como parte do prezo a diferenza a prol da Banca estatal no cómputo dos créditos fiscais diferidos que o potencial adquirente poida compensar entre 2014 e 2017.
Compre explicarmos o devandito. Os Fondos internacionais e o banco venezolano BANESCO poden compensar dos gaños futuros un máximo de 2340 M€ de perdas fiscais de NCG, fronte aos 4600 M€ que poderían compensar BBVA, Caixabank ou Santander. Até aquí todo OK, sempre que eses 2160 M€ fosen considerados parte (aprazada) do prezo que ofrece o Fondo ou banco extranxeiro, xa que van ser impostos que non se van pagar, nos outros casos. Mais Guindos dí que non. Que esa diferenza non computará como mellora ou decremento do prezo contractual.
Esta xogada non se entende nunha concorrencia transparentem mais si  dende a perspectiva dun pagamento de favores ou dun amaño. E mesmo neste proceso escuro e argallante as regras foron mudando a metade de partida, como adoita facer España con Galicia cando se trata de cousas de cartos. Porque compre lembrar que hai só unhas semanas que os Fondos foron obrigados a depositar 800 M€ para participar na poxa, unha obriga que non se lle aplicou aos bancos estatais.
O vicepresidente Rueda dí que a marxe de actuación do Goberno galego é moi cativa. Non é certo. A Xunta  pode mobilizar ás forzas sociais para evitar un expolio histórico que agravará de vez as graves dificultades crediticias dos galegos. A Xunta coñece os efectos adversos que produce e producirá a concentración bancaria.  E, en último de contas, Feijóo e Rueda saben que se este expolio se fai efectivo moi poucos van acreditar na súa falla de responsabilidade, quer por acción, quer por omisión.
O conto pódeselle moi ben aplicar ao Alcalde coruñés Negreira. Dos 2600 postos de traballo que se han perder no caso de venda de NCG a un Banco estatal, a metade perderanse na Coruña, case todos eles persoal de alta cualficación e remuneracións bastante boas .Malia esta realidade,  o alcalde mantivo un silenzo absoluto, como se a cousa non fose con él. Coma se fose un problema alleo á Coruña.
Hai alguén aí?

Hai alguén aí?

Te puede interesar